Bioconversion of Carbon Dioxide and Polluting Gases into Products with High Added Value

  1. Arslan, Kübra
Dirixida por:
  1. Christian Kennes Director
  2. María C. Veiga Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de novembro de 2023

Tribunal:
  1. Eulogio Castro Galiano Presidente
  2. Naiara Rojo Azaceta Secretario/a
  3. José Manuel Gómez Montes de Oca Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 827325 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O uso de gases contaminantes o de efecto invernadoiro como o dióxido de carbono e o monóxido de carbono como substratos para producir produtos químicos é unha posibilidade para pechar os ciclos do carbono e establecer unha economía circular. A fermentación do gas de síntese é o proceso no que estes gases son convertidos en produtos químicos como etanol, ácido acético e butanol por bacterias acetóxenas. O primeiro obxectivo desta tese foi mostrar a capacidade de produción de etanol duna bacteria acetóxenica, Clostridium aceticum. No primeiro paso determináronse individualmente os valores óptimos de pH para a produción de ácidos e disolventes e no segundo incrementouse a produción de etanol aplicando diferentes estratexias de regulación do pH. Tras este achado, investigouse a influencia das fontes de carbono co propósito de mellorar a produción de etanol. Tamén se mostrou o patrón de formación do produto desta cepa mentres crece co diferentes fontes de carbono, frutosa e CO. En última instancia, a produción de acetona que non é un produto nativo de Acetobacterium woodii foi analizada en catro cepas de A.woodii diferentes, modificadas xenéticamente. Revelouse a viabilidade dun deseño de proceso de fermentación continuo con retención total de células.