Estudio de las características mecanodinámicas de siliconas para uso podológico

  1. Janeiro Arocas, Julia M.
Dirixida por:
  1. Salvador Naya Co-director
  2. Jorge López Beceiro Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 17 de xullo de 2017

Tribunal:
  1. José María Gómez de Salazar Presidente/a
  2. Cristina González Martín Secretario/a
  3. Francisco Antonio Corpas Iglesias Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 486459 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Este traballo mostra unha metodoloxía eficaz para caracterizar o comportamento mecánico de diversas siliconas, sometidas a fenómenos de creep e recuperación da fluencia, para a súa aplicación en Podoloxía. O obxectivo é caracterizar, modelar e comparar a deformación de diferentes tipos de silicona podolóxica cando se ven sometidas á acción do creep. Os fenómenos de creep-recuperación, caracterízanse mediante a análise mecánica dinámica, DMA (Dynamic Mechanical Analysis). As propiedades viscoelásticas das siliconas compáranse mediante a aplicación de técnicas Análises de Datos Funcionais, FDA (Functional Data Analysis), e regresión non lineal. A aplicación do ANOVA funcional e o modelo de regresión, baseado na función de Kohlrausch-Willians-Watts (KWW), con efectos fixos e mixtos, permiten comparar diferentes siliconas, observando os valores dos parámetros estimados e o seu significado físico. As diferenzas existentes entre as diferentes siliconas están relacionadas coas variacións de amplitude da distribución do tempo de creep e do tempo de recuperación, da deformación instantánea e da deformación permanente que experimentan. En conclusión, pode afirmarse que a metodoloxía proposta, baseada en DMA, FDA e regresión non lineal, é unha ferramenta útil para caracterizar e elixir a silicona adecuada para cada aplicación de podoloxía segundo as súas propiedades viscoelásticas.